O Museo do Pobo poñerá o foco na figura de Rafael Baltar durante este mes
4 sept
1 min de lectura
La Voz de Galicia 02/09/2026

O Museo do Pobo Galego acollerá ao longo deste mes varias actividades en torno a Rafael Baltar, arquitecto, profesor e presidente da primeira xunta xestora da entidade e membro do seu Padroado. Á exposición que acolle desde principios do pasado xullo no claustro alto de Bonaval, sumaralle o vindeiro martes «Amizade en torno a Baltar», unha xornada de diálogo e conversa ao redor da súa figura. Nela, profesionais de diversos ámbitos conversarán sobre a obra e legado deste compostelán.


