O Museo do Pobo Galego programa en setembro encontros sobre Rafael Baltar, poesía, patrimonio textil e memoria do exilio
hace 3 días
1 min de lectura
Xornal de Compostela 01/09/2026

O Museo do Pobo Galego inicia setembro cunha programación que combina arquitectura, investigación, literatura, artes performativas e divulgación cultural. Boa parte das actividades deste mes estarán vinculadas á recta final da exposición "Rafael Baltar. Testemuña dun tempo", que poderá visitarse no claustro alto do centro compostelán ata o 27 de setembro.


