O legado cultural e arquitectónico de Rafael Baltar Tojo, no Museo do Pobo Galego
hace 4 días
1 min de lectura
Nós Diario 10/09/2026

Até o vindeiro 27 de setembro pódese visitar no Museo do Pobo Galego a mostra Rafael Baltar. Testemuña dun tempo, unha exposición que busca render homenaxe e afondar no valioso legado de Rafael Baltar Tojo (1933-2004). Organizada polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a súa Delegación de Santiago, o propio Museo do Pobo Galego e a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (Etsac), a mostra propón un percorrido por algúns dos momentos clave da cultura arquitectónica galega.


