O COAG e o Museo do Pobo Galego reivindican o legado de Rafael Baltar e da xeración de arquitectos que "axudou a definir o país"
24 jul
1 min de lectura
Nós Diario 14/07/2026

O Museo do Pobo Galego acolle desde esta terza feira a exposición 'Rafael Baltar, testemuña dun tempo. Arquitectura e compromiso nunha Galicia en transformación', unha mostra que reivindica a figura do arquitecto compostelán e o seu papel na construción da arquitectura e das institucións culturais galegas durante o último terzo do século XX. A exposición poderá visitarse até o vindeiro 27 de setembro.


