Estas son as obras de Rianxo, Carnota e Carballo que optan aos Premios Arquitectura 2025
- sandragonzalezalva7
- 13 may
- 1 Min. de lectura
El Correo Gallego 13/05/25

Once obras galegas optan este ano aos Premios Arquitectura do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSAE), en colaboración con COMPAC®. E tres delas están en Rianxo, Carnota e Carballo.
Unha desas actuacións e a rehabilitación do Pazo do Martelo, de Rianxo, deseñada por Sandra González Álvarez (PØST Arquitectas). Foi seleccionada "por ser, en primeira instancia, unha proposta que parte dunha investigación precisa, a nivel histórico e construtivo, do patrimonio arquitectónico e do seu valor social para a histórica vila de Rianxo".