A rehabilitación do Pazo de Martelo e O Xardín de Panchés, na listaxe de proxectos que optan aos Premios de Arquitectura 2025
- sandragonzalezalva7
- 14 may
- 1 Min. de lectura
O Barbanza 14/05/25

A rehabilitación do Pazo do Martelo, de Rianxo, foi un deseño de Sandra González Álvarez (PØST Arquitectas). A recuperación deste céntrico e histórico inmóbel rianxeiro foi seleccionada “por ser, en primeira instancia, unha proposta que parte dunha investigación precisa, a nivel histórico e construtivo, do patrimonio arquitectónico e do seu valor social para a histórica vila de Rianxo”. E, ademais, “por propoñer e executar un correcto e complexo traballo de rehabilitación, eliminando remodelacións anteriores sen valor engadido, respectando os valores intrínsecos que permitisen unha lectura contemporánea desta pegada do noso pasado común, o dos pazos e edificios monumentais, ao mesmo tempo que se introducen as obrigadas esixencias actuais de eficiencia enerxética”.